A PATRIA MÁIS PREZADA

Fotografía: Julián en bicicleta pola praia de Cabanas © JSC

Se a infancia é a patria máis prezada, o verán é o seu paraíso. Un lugar ao que de adultos gustaríanos regresar. Días de estar en remollo, de indolencia, risas e aburrimento, e entremedias o xogo. Ese xogo que só gozamos de neno, sen normas nin xoguetes, sen adultos e con amigos. Xogo de verdade, logo perdido, que lembramos con agarimo e ao que se mira dende a madurez coa indulxencia de sobrevivir e aprender.

Scroll Up